Sunday 28 de April de 2024

Novas restricións temporais de tráfico en varias rúas da cidade dende o domingo pola rodaxe da segunda tempada da serie “Rapa”


Nas rúas Don Pelayo, Marina Española e Virxe da O haberá este domingo varios espazos reservados para estacionar vehículos e continuar a rodaxe de escenas da segunda tempada da serie “Rapa”, da produtora Portocabo. O horario no que se manterán algunhas restricións e cortes de tráfico puntuais no caso de que sexan necesarios no cruce da rúa Don Pelayo e a Roncesvalles será dende as 22.00 horas deste domingo ata as 22 horas do mércores 26 de outubro, tal e como indicaron.

Nas mesmas xornadas e horarios anteriormente citados, das 22.00 horas do domingo 23 ás 22.00 do mércores 26, reservarase espazo de estacionamento de vehículos nas rúas 25 de Xullo e San Andrés. Nestas dúas rúas podería haber cortes de tráfico puntuais para a gravación de escenas no interior do centro de saúde.

Así mesmo, o luns 24 a rúa 25 de Xullo, no Alto do Castiñeiro, rexistrará o tamén restricións no tráfico rodado entre as 7.00 e as 20.00 horas aproximadamente debido á gravación de escenas da citada serie.
Dende a produtora tamén informaron ao Concello que o mércores 26 precisan que se apaguen en horario nocturno tres farolas da rúa Don Pelayo e ese mesmo día, de 7.00 a 20.00 horas aproximadamente, gravarase de novo na rúa 25 de Xullo.